Monforte na Onda 30/05/2016
No programa de hoxe falamos coa presidenta e o xerente do CCU do evento que están organizando para este sábado na Compañía. Coa educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos, repasamos actos que preparan para celebrar mañá o Día Mundial Sen Tabaco. Repasaremos cursos que se imparten no Hospital Comarcal co responsable do Servizo de Urxencias e tamén conversamos coa responsable da empresa que se encarga en Monforte da recollida de animais abandonados. Entre outras cousas repasamos orde do día do pleno e resultado do Concurso de Tapas.