Monforte na Onda 27/02/2017
Unha das figuras máis singulares do entroido do sur de Lugo, o oso, sairá esta tarde a percorrer as rúas de Salcedo. Falamos desta tradición con Felipe Castro, da asociación de veciños da citada localidade e coa concelleira de cultura do concello de Monforte, Marina Doutón, repasamos como se prepara o desfile de mañá.Entre outros asuntos, entrevistamos a Xosé Manuel López Santos, director do Colexio de Sober os últimos 40 anos, xubílase en agosto e repasa como foi este tempo.