Monforte na Onda 26/05/2016
Expectación a primeiras horas deste xoves coas viaxes en globo sobre o ceo de Monforte, unha iniciativa do Consorcio Turístico da que falamos coa xerente Alexandra Seara e recollemos tamén impresións do presidente desta entidade Luis Fernández Guitián. Entrevistamos a Miguel Ángel Martín, un dos membros do panel que Cata os Viños da Ribeira Sacra para entregar este venres os premios aos mellores da denominación. E tamén conversamos con Gonzalo E. Veloso, director do documental "Cantando a Manuel María" que se presenta este xoves na Casa da Cultura. Rematamos con resumo da actualidade máis próxima e contándolles como van ser os Xogos Autonómicos de Campo a Través Special Olympics de Galicia que se celebran en Monforte este sábado.