Monforte na Onda 16/02/2018
Abrimos programa conversando co urólogo Alejandro Sousa, que participou dunha viaxe solidaria a Nicaragua para facer intervencións cirúrxicas. Do Desafio Camiño de Inverno falamos co ultrafondista Fernado Ibarra e coa presidenta da Asociación promotora do reto, Aida Menéndez da Asociación Camiño de Inverno. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos coa responsable da administración de lotería de Quiroga onde se selou o boleto da Primitiva premiado con 1,5 millóns de euros.