Monforte na Onda 03/03/2016
Recuperamos este xoves o espazo "Facendo Empresa" e conversamos co xerente da adega Via Romana, Juan Luis Méndez. Falamos da adega como empresa e do "Desafío" que patrocinan esta fin de semana, unha carreira entre viñas, pioneira en Galicia. A UGT denunciou a empresa adxudicataria do mantenemento da N120 por despido improcedente. Cóntanolo o secretario comarcal da UGT, Mario Docasar e un dos traballadores despedidos, Francisco Soria. O representante da UGT analiza tamén o paro do mes de febreiro con 4.707 desempregados na zona sur de Lugo. E co barista Damián Seijas falamos do obradoiro de cócteles con viño de Amandi que dirixirá en Sober.