Monforte na Onda 01/12/2015
Hoxe falamos co Director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, da nova Vía de Altas Prestacións Sarria - Monforte que o venres quedou aberta ao tráfico na súa totalidade. É noticia tamén o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra que ven de aprobar 14 das 15 solicitudes presentadas por empresarios de hostaleria de diversos concellos da zona para estandarizar a imaxe das terrazas dos seus establecementos. Aprobaron subvencións por valor próximo aos 30 mil euros. Desto falamos co presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián. E o xerente do GDR Ribeira Sacra, Martin Alemparte fará balance da visita que representantes deste grupo fixeron a pasada semana a terras Extremeñas ao Xeoparque de Villuercas.