Más de Uno Monforte de Lemos
Programa completo do 23/04/2024
Monforte de Lemos |
Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos programa co espazo adicado ao sector vitívícola acompañados do técnico Alfonso Losada. Coa educadora social Paula Santos e a optometrista Leticia Vila falamos dos efectos das pantallas na saúde visual e emocional. Celebramos o Día do Libro co escritor Manuel Veiga que vén de gañar o Premio da Crítica Española na categoría de lingua galega por "Perder as bestas". O voceiro de Esperta Monforte repasa iniciativas que leva ao próximo pleno do día 29 e entre outros asuntos, falamos de piragüismo co director técnico do Quixós, Santi Díaz, club que vén de proclamarse subcampión galego.