Más de Uno Monforte de Lemos
Programa completo do 16/04/2024
Monforte de Lemos |
Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo adicado ao sector vitícola no que falamos dos primeiros tratamentos que se aplican nas viñas co técnico Daniel Martínez, e con Genma Campos, copropietaria de Alouviño, a última adega que vén de incorporarse á familia da D.O Ribeira Sacra. Falamos de intercambio escolar con alumnos do IES Daviña Rey, Eva, Ruth e Lara, e dous estudantes franceses, Oscar e Elisa, que participan da iniciativa da que tamén nos fala o profesor Vicente Docasar. Entre outros asuntos tamén conversamos coa directora do Colexio dos Escolapios, Estefanía López, onde veñen de celebrar, e van 31 anos, o día do bocata solidario.