MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 31/03/2022
Programa completo do 31/03/2022
Sabias que o documento máis antigo no que se fai referencia ao Barrio de Carude é de 1219? Ou que a capela é o único que se conserva dun "hospital" que houbo na zona para atender enfermidades contaxiosas? Neste popular barrio monfortino tivo tamén a súa orixe o primeiro "folión" que se organizou na zona en 1859. Son datos que repasamos co investigador Felipe Aira, conversando con él abrimos o programa de hoxe. No gabinete xurídico deste xoves falamos da Lei de segunda oportunidade co avogado Héctor Silva. Repasamos incidencia da Covid no distrito sanitario que cubre o Hospital Comarcal que atendeu no que levamos de pandemia, 307 pacientes con coronavirus dos que faleceron 41. Afondamos nestes datos con Inma Ramos, directora do Centro Hospitalario. Entre outros asuntos, falamos tamén con Rocío Rodicio a autora do cartel da Feira do Viño de Amandi.