MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 24/01/2024
Programa completo 24/01/2024
Monforte de Lemos |
O Porto Seco de Monforte segue no centro do debate político con cruce de acusacións entre PP e PSOE. Abrimos falando delo e resumindo outros asuntos da actualidade máis próxima. Adicamos o espazo Facendo Empresa ao Iberik Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón que reanuda actividade despois dunhas pequenas vacacións. Falamos co director da citada instalación Santiago Villanueva. O Museo Pazo de Tor sumará os seus fondos novo material que lle vén de doar un sobriño da última propietaria. Unha doazón da que falamos con Encarna Lago, directora do Museo. E o Xeoparque Montañas do Courel presenta en Fitur a riqueza hidrolóxica que posúe. Falamos co coordinador da entidade, Martín Alemparte.