MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 22/07/2022
Programa día 22/07/2022
MONFORTE DE LEMOS | 26.07.2022 17:47
Segue sen control ardendo na serra do Courel. No programa de hoxe falamos con Sonia García, que co resto dos veciños tivo que fuxir de O Carballal. De volta na casa lembra a complicada situación vivida. O Courel é unha zona rica en produción de mel e son moitos os apicultores afectados polo incendio. Israel Ferreiro ten 300 colmeas en Seceda. Evitou que arderan as colmeas pero si lle morreron milleiros de abellas e cóntanos cal é a situación. Son algúns dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.