Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 14/10/2024

Programa completo do 14/10/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos co resumo da actualidade máis próxima e conversando con José Luis López de CCOO Industria Lugo, sindicato disposto a denunciar a un coñecido concesionario de Monforte por peche fraudulento. O pintor Antón Patiño presenta alternativa á urbanización que ten previto levar a cabo o concello na denominada zona D, da que él é un dos principais afectados. A súa proposta pasa por crear nese espazo un Centro de Arte que él mesmo nos explica. Repasamos resultados dos partidos disputados polos equipos da zona e conversamos con Laura Correas, do club de fútbol feminino Monteforte, suspendido por unha trifulca coas xogadoras do Carballedo, e temos nova entrega do espazo adicado á saúde bucodental coa odontóloga María José Martín.