MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 11/11/2022
Programa completo do 11/11/2022
MONFORTE DE LEMOS | 11.11.2022 14:07
Abrimos programa conversando co arqueólogo Xurxo Ayán dun documento que sobre o concello de Pantón apareceu na Fundación Vicente Risco. Un curioso manuscrito feito por unha pantonesa que agardan publicar o próximo ano. Amplia oferta gastronómica a Ribeira Sacra cun Restaurante que vén de inaugurar a adega Regina Viarum. Falamos co xerente desta adega Iván Gómez e co chef Lucas Bustos que se encargará de dirixilo. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén da Festa do Magosto que preparan para este sábado en Ferreira, co técnico de cultura Javier González.