MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 07/03/2024
Programa completo do 07/03/2024
Monforte de Lemos |
Programa especial adicado á Feira do Viño de Chantada. Abrimos converando co alcalde, Manuel Lorenzo Varela e co presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes, Iñaky Castiñeira. O sumiller Bruno Lovelle de Vinocacra é o encargado de organizar as catas, fálanos delas e de como están os viños que se presentan á Feira. Afondamos nelo e na importancia deste evento con representantes dalgúnhas adegas participantes, Lorena Gay de Adegas Amedo, Gema Campos de Alouviño, adega de recente creación que participa por primeira vez e Laura Méndez de Vía Romana, un dos buques insignia do enoturismo na zona. Das potencialidades turísticas do concello de Chantada falamos tamén coa técnica de turismo do concello, Teresa Otero. Conversamos con Lomarti, o artista plástico autor do cartel que anuncia o evento e rematamos programa co concelleiro Manuel Diéguez que preside a comisión organizadora da Feira.