MÁS DE UNO MONFORTE 27/05/2021
Programa completo 27/05/2021
Monforte de Lemos | 27.05.2021 14:18
Abrimos programa repasando historia local con Felipe Aira. Hoxe remóntanos ao ano 1604 cando se documentou na Igrexa da Régoa o primeiro terremoto do que hai noticia en Galicia. Repasamos co voceiro do BNG de Monforte, Emilio Sánchez, iniciativas que levan ao pleno que en Monforte se vai celebrar o próximo luns. O Parador de Monforte ten novo director, asume esta tarefa Miguel Castro, que xa dirixe o de Santo Estevo. Conversamos con él e coa súa antecesora, Lilian Ferral, incorporada xa ao seu novo destino. E na Ferreirúa, vén de pintar unha nova super avoa galega o artista vasco Yoseba MP. Falamos con Noelia Besteiro, promotora da iniciativa. Son, entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.