MÁS DE UNO MONFORTE 17/06/2021
Programa completo do 17/06/2021
Monforte de Lemos | 17.06.2021 18:47
Hoxe adicamos o programa a repasar danos ocasionados polo pedrazo que onte estragou na Subzona de Chantada 70 hectáreas de viñedo. Hai 120 viticultores afectados e varias adegas das que catro adegas perderon o 100% da colleita. Abrimos programa conversando con José Manuel Rodríguez presidente do CRDORS. Recollemos tamén valoracións dalgúns dos afectados como Manuel Vázquez da adega Cipreses, Óscar González, técnico da adega Condado de Sequeiras, Héctor Ferreiro de Castrofiz, Lorena Gay de Adegas Amedo e Juan Ocampo responsable técnico de Vía Romana. E anuncian xa iniciativas no Parlamento Galego tanto o BNG como o PSOE. Escoitamos as peticións que fai a nacionalista Ana Pontón e Martín Seco, portavoz de Agricultura do Grupo Socialista.