MAS DE UNO MONFORTE 13/01/2021
Programa completo 13/01/2021
Monforte de Lemos | 13.01.2021 15:02 (Publicado 13.01.2021 14:34)
Hoxe empezou a ser vacinado o persoal sanitario de hospitais e centros de saúde e anúncianse novas restricións en toda Galicia. Nesta zona sur de Lugo quedaremos en nivel medio alto. Falamos desto no programa de hoxe pero tamén do traballo realizado ao longo de 2020 polos profesionais do Parque Comarcal de Bombeiros que contabilizan 400 intervencións. Falamos co sarxento do parque, Tomás Losada. Conversamos tamén co alcalde do concello de O Saviñao, Carlos Armesto. Recupera no citado concello a normalidade a gardería infantil despois do positivo dunha das traballadoras e confirman que o día 20 recibirán a segunda dose da vacina os maiores das vivendas tuteladas. E aínda que os tempos que vivimos non animan a emprender hoxe conversamos, no espazo "Facendo Empresa", con Héctor Silva Martínez e Javier Leiro Fernández aos que a pandemia colleu en marzo en plena campaña de ampliación do negocio e abrindo novo despacho de avogados en Monforte. Non abandonaron o proxecto e seguen adiante coa iniciativa que ten a central en Vigo. Hoxe coñecemos algo máis deles. Repasamos tamén gañadores do concurso de fotografía convocado polo colectivo Segredos de Pantón.