MÁS DE UNO MONFORTE 03/02/2021
Programa completo 03/02/2021
Monforte de Lemos | 03.02.2021 14:18
O cribado que o Sergas vai facer en Monforte a partir deste venres terá lugar no aparcamento situado entre o Campo de Fútbol e o Pavillón Polideportivo da Pinguela. O concello será o encargado de montar unha carpa e do dispositivo de tráfico e seguridade que repasamos conversando co alcalde José Tomé Roca. O alcalde de Bóveda presenta ao presidente da Xunta varios proxectos que agarda poñer en marcha no concello relacionados co sector agrario e tamén empresarial. Coñecemos máis desta iniciativas conversando co rexedor do citado concello José Manuel Arias. Tamén falamos con Xosé Lois Maceda, o rexedor de A Pobra do Brollón, agradece material que para os alumnos do citado concello cede o IES Daviña Rey e suspendido o entroido preparan un concurso relacionado co mesmo a través das redes sociais do que tamén falamos. E adicamos hoxe o espazo "Facendo Empresa" a un grupo de alumnos do IES A Pinguela gañadores dun concurso de microempresas. Falamos con Daniel Grobas, un dos alumnos do grupo premiado e con José Pino, un dos profesores que axuda a crear cultura empresarial tamén no citado centro educativo.