MÁS DE UNO MONFORTE 02/09/2021
Programa completo de 02/09/2021
Monforte de Lemos | 02.09.2021 14:18
Lexionarios romanos da III Cohors Lucensium montarán un campamento en Doade para participar da vendima. Unha curiosa iniciativa coa que pretenden ambientar este traballo e da que falamos con Miguel Alvelo, centurión e presidente da citada Asociación. Con Aida Méndez, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, falamos das Xornadas de promoción do Camiño de Inverno que adicarán este ano ás pinturas murais de Santa María de Nogueira e Santa María de Pesqueiras. Repasamos obras que se están realizando no IES A Pìnguela co director Enrique Sampil, con él falamos tamén de actividades programadas no Círculo Cultural Recreativo de O Saviñao. Repasamos datos do paro na zona, incidencia da Covid e conversamos tamén con Jaime Debesa, responsable da "Volta Junior" que se vai celebrar en Monforte este venres previa á chegada dos ciclistas profesionais que teñen neste concello a meta da etapa 19.