MÁS DE UNO MONFORT 04/05/2021
Programa completo 04/05/2021
Monforte de Lemos | 04.05.2021 14:21
Abrimos programa co espazo adicado ao sector do viño e ademáis de co técnico Alfonso Losada, hoxe contamos tamén co enólogo Luis Buitrón que vén de ser elixido presidente da Federación Española de Enoloxía. Conversamos tamén con Beatriz Sestayo, xerente de SEA, a empresa que xestora do Polígono de Monforte que tras visitar o mesmo fai balance da situación na que se atopa. A Xunta ten a exposición pública o Plan de Acción da Paisaxe na Ribeira Sacra. Falamos do mesmo con Francisco Varea, director de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entre outros asuntos, atendemos tamén ao "Maio Solidario" que ten en marcha Gadis para axudar aos Bancos de Alimentos. Falamos da iniciativa con Antonio Cortés, director de Responsabilidade Social Corporativa da citada cadea de Alimentación. E seguimos recollendo pronunciamentos ao respecto do conflicto laboral entre concello e traballadores do Conservatorio Municipal, hoxe de Carlos Hermida, de CCOO e da voceira do PP, Kati Varela