A Coruña |
A lingua orixinal das rodaxes é esencial para coñecer o contexto cultural e social dese filme ou serie. Así o considera a directora de contidos do segundo Foro da Industria Galega Audiovisual, que se celebra ata o sábado na Coruña e que se centra no uso da Lingua.
Nunha entrevista en galicai en la Onda, María Soliña Barreiro asegura que os espectadores están cada vez máis afeitos a ver as obras en versión orixinal, motivo polo que filmes realizados en galego como O que arde ou O Corno foron recoñecidos nos festivais de Cannes e San Sebastián, respectivamente. Na súa opinión, o audiovisual galego vive un "moi bó" momento e en moitas destas produccións o galego é a lingua empregada.
O foro vai tratar tamén asuntos como a creación de contidos para redes sociais e para achegarse á xente moza, xa que segundo o último informe sobre o uso do galego son o tramo de idade que menos empregan esta lingua. tamén analizarán a creación, a traducción e a interpretación nesta lingua.