Gente Viajera de Galicia
Percorremos Galicia para visitar, comer e durmir cos mellores anfitrións: a carreira Sin Son 2016 é a ruta que facemos esta semana guiados pola súa organización, comemos o galo de curral de Vila de Cruces e durmimos no Retiro do Conde en Monterrei. A galega viaxeira que nos visita levaranos ata Mozambique, onde leva vivindo 16 anos como cooperante. Coa música de Xoel López marcamos unha completa axenda para desfrutar da fin de semana