Gente Viajera de Galicia 29-04-2016
Este venres en Gente Viajera de Galicia imos ata GRECIA pero a viaxe fáisenos dura porque non imos de turismo, imos coñecer a realidade de LESBOS e IDOMENI con tres galegos viaxeiros solidarios que acaban de volver dos campos de refuxiados sirios. Ademais, emprendemos ruta con DESTINO GALICIA para facer Perriturismo, comer e beber (con moderación...) na Feira do Viño de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón, e durmir nun cinco estrelas mirando ao mar na cidade da Coruña, no Hotel Finisterre. Marcaremos tamén unha axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana a ritmo de Dirty Dancing