A Coruña |
A Delegación do Goberno en Galicia inicia os actos de celebración do Día das Letras Galegas, que se conmemora oficiamente este venres. Esta mañá, o delegado, Pedro Blanco; a subdelegada na Coruña, María Rivas, e representantes de distintas áreas da Delegación e da vida social de Galicia leron nove poemas da escritora que vai se homenaxeada o venres: a coruñesa Luisa Villalta.
Pedro Blanco defende o galego coma "un elemento de unión que nos define e nos fai únicos", e salienta o "orgullo" de contar con autores como Luísa Villalta, así como o apoio do Goberno a esta lingua.