Subdelegada do Goberno na Coruña

María Rivas: "A Delegación do Goberno estará na xuntanza cos mariscadores da Ría do Burgo, pero a compensación é competencia da Xunta"

María Rivas falou da inversión na provincia dos Prespupostos Xerais do Estado para 2022. Tamén se referiu ós problemas de seguridade cidadá que se viven na cidade herculina. Non está de acordo coas queixas desde os sindicatos de NAVANTIA, pois cifra en casi 205 millóns de euros a inversións, incluídas as F102. E confirma a presencia na xuntanza cos mariscadores da Ría do Burgo o vindeiro día 19 para abordar as compensacións para o paro durante a obra de de dragado da Ría. Iso sí, deixa claro que debe ser a Xunta a que pague os mariscadores, porque as licencias de marisqueo son de competencia autonómica.

Redacción

A Coruña | 15.10.2021 14:17

MÁS DE UNO, ONDA CERO CORUÑA, de lunes a venres, de 12:40 a 14:00 horas.

A Delegación do Goberno vai estar presente nesa reunión. Imos plantexar a postura do goberno. A autoridade competente en marisqueo é a Xunta de Galicia. O único esforzo nesta cuestión é o do Goberno, no momento que financia o 100% do dragado da Ría. As compensacións deben ir da man da autoridade competente en marisqueo. Que é a Xunta de Galicia.

No caso do Porto Exterior. Era unha obra de interés xeral do Estado. NAquel momento era competenten. NEste momento é unha obra de rexeneración do entorno. As licencias dos mariscadores é competencia da Xunta de Galicia. A Xunta se corresponsabilizaría de parte de esta obra. É o momento de saber cal é o seu compromiso.