A Xunta convoca aos directores dos centros a semana que vén

O conselleiro de Educación acusa ao Ministerio de xerar «intranquilade» e fomentar a «perda de credibilidade» no sistema educativo

O conselleiro Román Rodríguez amosou na Brújula de Galicia en Onda Cero a súa rotunda oposición ao Real Decreto, aprobado polo Consello de Ministros, que elimina os exames de recuperación para a ESO e facilita que se poida obter o título de Bacharelato cunha materia suspensa. Lamenta que as comunidades autónomas non foran informadas e que se cambien «as regras de xogo a metade de partido». Adianta que a Xunta estudiará xurídicamente o texto para ver cal pode ser a marxe de manobra da comunidade autónoma.

ondacero.es

Galicia | 16.11.2021 20:37