A Praza da picota recibirá a morena?

Entroido de balcón

A localidade de Laza non pode celebrar hoxe o seu día grande de entroido coa formigas rabiosas e a baixada da morena á Praza da Picota. A pandemia non impediu ver esta fin de semana a algunhas das figuras máis tradicionais do entroido ourensá.

Redacción

Galicia | 15.02.2021 16:58 (Publicado 15.02.2021 13:30)

O entroido ourensá está nos balcóns e ventas e con numerosas iniciativas virtuais pero foi imposible non ver nas rúas, anque de xeito illado, a algúns disfraces ou nas vilas mais entroideiras a persoaxes tan tradicionais coma pantallas, cigarróns ou peliqueiros. O que non veremos nun dia coma este en vilas coma Laza a milleiros de persoas coa tradicional imaxe da morena e as formigas. O alcalde Jose Ramon Barreal agradece o bo comportamento en xeral da veciñanza porque considera que toca ser responsables e cumplir cas medidas sanitarias

Dende a subdelegaión do goberno pedían hoxe un comportamento cívico neste entroido no que a prioridade sexa a saúde