llegada del AVE a Galicia Un camiño a Galicia, desafíos e oportunidades
Un camiño a Galicia, desafíos e oportunidades é o epígrafe do foro celebrado en Ourense polo que pasaron expertos no eido ferroviario, os exministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor e que foi clausurado polo presidente da Xunta, entre outros. Os intervintes coinciden en sinalar que esta conexión supón un factor de mellora da competividade económica para a comunidade, en distintos sectores, pero por exemplo, para a provincia de Ourense, especialmente no turístico.
O foro avaliou tamén os retos pendentes como a chegada dos trens AVRIL a Galicia, que permitirá que o resto da rede galega goce de alta velocidade.
Redacción
Santiago de Compostela | 14.01.2022 09:55