camiño de Santiago

50 peregrinos chegaron a Compostela en xaneiro

A pesar da pandemia seguen chegando peregrinos a Compostela. Un no día de onte. Medio centenar no que levamos de ano.

Redacción

Santiago de Compostela | 19.01.2021 11:28 (Publicado 19.01.2021 11:04)

A maioría son españois ou estranxeiros residentes en España salvo unha coreana do sur. O Camiño de Santiago permanece aberto aínda que non son poucas as dificultades coas que se atopan os peregrinos especialmente para cear e repoñer forzas, coa hostelería pechada dende as seis. César Rúa, coordinador da oficina de atención ao peregrino contaoo en Onda Cero.

En canto ao aloxamento, a maioría veñen coa reserva pechada. Moitos albergues, case todos, decidiron pechar ata semana santa.