A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA OFRECE OBRADOIROS E DIFERENTES XOGOS PARA OS NENOS E NENAS

OndaCero Vigo estará en directo dende o concello de A Guarda no día de hoxe con Yayo Daporta.

A festa contará con obradoiros para os máis pequenos ao longo da fin de semana.

ondacero.es

vigo | 03.07.2015 10:14

Onda Cero Vigo estará hoxe en A Guarda con invitados como o coñecido chef de Top Chef Yayo Daporta, a concelleira de turismo Montserrat Magallanes, a concelleira de cultura Elena Baz, e con Alberto, compoñente do grupo The Winning Numbers entre outros.

Ademais de toda a comida que se pode catar nesta festa, hai outras actividades que facer; especialmente para os rapaces que contarán con xogos, obradoiros e numerosas actividades a partir das 12h no recinto do Porto. O concello xa informou que haberá hinchables e cursos de cociña gratuitos. Estas actividades volverán repetirse ás 17h durante o día do sábado.

Tamén contaremos coa xa mítica travesía a nado Porto da Guarda, que alcanza este ano a súa XX edición; e haberá tanto unha proba para adultos como para nenos.

Xa por último, o domingo a partir das 17h os nenos poderán disfrutar dunha travesía gratuita en kayak xunto con monitores de esta actividade acuática.

En canto aos prezos poderase comer unha empanada de zamburiñas por 4€, uns calamares por 5€ ou unha filloa rechea por 2'5€; sen esquecer a protagonista da festa, que custará 38€ a peza enteira.