Eleccións europeas

Ana Miranda, BNG: «Se o Bloque non está en Bruxelas hai temas dos que non se falaría»

Ana Miranda aspira a repetir como deputada no Parlamento europeo. Tivemos entrevista con ela en Galicia en la onda.

Ángeles San Luis

Santiago |

Entrevista á candidata do BNG, Ana Miranda, en Onda Cero Galicia

A candidata Ana Miranda apela á utilidade do voto ao BNG para pedir o apoio dos electores. Preséntase como «unha voz galega para defender as nosas cousas».

Balance deste último mandato

A nacionalista accedeu por primeira vez á acta de deputada no Parlamento europeo en 2012. En Onda Cero Galicia fixo balance da súa actividade nas institucións comunitarias; nomeadamente, nos últimos dous anos. Saliantou especialmente o seu traballo adicado a reclamar unha investigación do accidente de Angrois ou a defensa do sector primario; «lémbrome de cando levei a rede do xeito para impedir a súa prohibición», rememora na entrevista.

Prioridades no novo mandato

De saír reelixida, Ana Miranda explica cales serían as primeiras iniciativas que levaría ao Parlamento europeo. Solicitaría a implementación dun fondo europeo para a vivenda; que se adique á construcción de vivenda pública. E levaría iniciativas que impedisen o asentamento do proxecto de Altri na comarca da Ulloa. A candidata do BNG insiste en que «é un desastre ambiental no corazón de Galicia» polo que tentaría «evitar» que houbese fondos europeos adicados ao seu financiamento.