Conselleiro do Mar en Onda Cero Galicia

Alfonso Villares: «Hai xente que quere vivir do mar e temos que facilitarlles o facelo»

Entrevista ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en Galicia en la onda de Onda Cero.

Ángeles San Luis

Santiago |

Entrevista ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en Galicia en la onda

O conselleiro insiste en que a Xunta seguirá a reclamar a baixada do IVE para os productos pesqueiros; xa que considera que o sector non pode sufrir unha «desvantaxe competitiva» en relación a outros. Lembramos que o peixe volveu a quedar fóra da rebaixa do Imposto sobre o Valor Engadido aprobado polo Consello de Ministros de hoxe.

Alfonso Villares confía en que na próxima lexislatura europea, que comezará en xullo, haxa un comisario exclusivo de pesca. É moi crítico coas políticas emprendidas polo eurocomisario saínte, Virginijus Sinkevicius; por exemplo, o veto á pesca de fondo. O conselleiro do Mar avanza que a semana que vén estará presente na vista oral convocada polo Tribunal de Xustiza da UE, en relación aos recursos presentados contra o veto á pesca de fondo en 87 áreas atlánticas. Defende que as pesquerías galegas son as máis respetuosas co medio mariño.

Noutra orde de cousas, lamenta nesta entrevista, en Onda Cero Galicia, a escasa colaboración do Ministerio á hora de atallar os problemas derivados da mala campaña marisqueira. «Todos os grupos políticos berramos que o sector o estaba a pasar moi mal» explica, «pero detrás dos berros só a Administración autonómica botou unha man».

O conselleiro tamén confirma que a Xunta non recibiu resposta á solicitude de reunión bilateral co Goberno do Estado para abordar a transferencia das ferramentas que permitan a xestión do litoral, en base á recente sentenza do Tribunal Constitucional.