Sol María María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio compareciu no recinto feiral co cometido de presidir o acto oficial de presentación aos medios de comunicación da 30ª Feira do Moble de Galicia que abrirá as súas portas ao público o vindeiro día dezasete de setembro, por un período consecutivo de nove días, ata o vindeiro vintecinco. No turno de comparecencias, interviú en primeiro lugar o alcalde estradense, José López Campos quen salientou a importancia deste evento de promoción sectorial para a industria da madeira e o moble.
O alcalde estradense, augura unha boas perspectivas para o certame, apoiadas na incipiente recuperación do comercio. Xosé López Campos, incidiu nas transformacións e os cambios acontecidos no último ano e medio no concello estradense, alegando que descendiu considerablemente a tasa de desemprego, pasando de dous mil douscentos desempregados a mil quinientos. Rematando a súa intervención, o rexedor estradense, amosou o incondicional apoio da administración autonómica e local ao sector da madeira e o moble e ao mesmo tempo, puxo en valor e agradeciu a adicación e iniciativa dos fundadores do certame e a aposta decidida do sector empresarial local. Pola súa banda, Sol María Vázquez Abeal, directora Xeral de Comercio, na súa intervención, fixo fincapé no apoio institucional e decidido da Xunta de Galicia e igualmente suliñou os retos de adaptación ás novas realidades (Comercio electrónico e novas tecnoloxías en xeral) por parte do sector da madeira e o moble.
A Feira do Moble de Galicia, comezará a súa singladura do vindeiro día dezasete ao vintecinco do presente mes, en horario ininterrumpido de once a vinteunha horas, mantendo o acceso gratuito para todos os visitantes.