Satisfacción no tecido empresarial de O Grove ante unha campaña de verán de récord
A Asociación de empresarios Emgrobes confirma unha valoración positiva dos empresarios do concello de O Grove ante os notables datos de ocupación turística, os máis elevados dos últimos anos; en parte, gracias o tempo favorable.
A Asociación de empresarios Emgrobes realizou un sondeo entre varios membros de hostalería titulares de hoteis, e apartamentos, a ocupación hotelera, ademáis de restauradores no Grove este verán. A maioría dos enquisados confirman a satisfacción, xa que a ocupación foi máis elevada que anos atrás, tendo en conta que o tempo foi moi favorable. E as expectativas de setembro van polo mesmo camiño, alomenos esta primeira quincena.
Según os consultados este tempo veraniego incide en que mellorara a ocupacion no Grove, aumentando a media en dous puntos con respecto ao ano pasado, e aínda tendo en conta que no mes de agosto os últimos dez días o tempo empeorou e chegaron as choivas. De non ser así a ocupación sería excepcional xa que superaría a media actual dos enquisados que foi do 91.80%, tendo en conta que se trata de hoteis de 3 e 4 estrelas e apartamentos superiores. Os comentarios xerais son que agosto foi moi bo, tamén se notou o aumento do gasto incentivado polas boas temperaturas e o consumo en restaurantes e taperías tamén foi altamente positivo. Algúns hoteis consultados comentaron que esto supuxo a recuperación da baixada no consumo do mes de xullo, co que as sensacións xerais son moi positivas.
A media prevista na actualidade para setembro parece ir polo mesmo camiño positivo,sobre todo nesta primeira semana e ata o día 15, sempre que o tempo sega acompañando. Por suposto a satisfacción é latente por tratars setembro dun mes máis irregular e moi dependente do tempo. Segundo os enquisados a media de ocupación desta primeira semana ronda 80 % e da primeria quincena un 70%, claro que se temos en conta todo o mes a media de ocupación baixa a un 40%, sendo superior ao ano pasado, nalgúns casos máis de 6 puntos.
Polo tanto dende a asociación e tendo en conta que no Grove hai moito que mellorar e que algún dos problemas como o da falta de aparcamento seguen sendo negativos para a veciñanza e os visitantes, estamos altamente satisfeitos.
Plenamente inmersos na organización das actividades comerciais como A Volta ao cole, e tamén coas accións de turismo e gastronomía para a festa do Marisco e da Centola, Emgrobes segue animando aos seus socios e empresarios a continuar traballando polo ben da nosa vila, cun servizo excepcional e un produto inmellorable para continuar incentivando a visita de turista e o consumo na vila durante todo o ano.