Máis de Un PontevedraPuentes: "Coas obras da antiga ponte do ferrocarril sobre o Lérez gañaremos un novo miradoiro e unha senda peonil"
A concellería de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra acaba de poñer en marcha o proxecto que permitirá rehabilitar a antiga ponte do ferrocarril sobre o Lérez e integrala na futura vía verde entre a cidade e Vilagarcía. Conversamos con Iván Puentes sobre esta actuación que transformará a vella infraestrutura nun fermoso miradoiro e fara que sexa accesible a través dunha senda en zigzag e dunhas escaleiras de madeira que conectarán coa praia fluvial. Trátase dun proxecto impulsado no marco da estratexia Pontevedra Flúe, que e da que o concelleiro Iván Puentes falará o vindeiro martes en Más de Uno Pontevedra"
Redacción
Pontevedra | 15.11.2022 13:28