Pontevedra en la Onda (31/05/13)
Redada nas Rías Baixas con 10 detidos e 3.000 quilos de cocaina incautados, hoxe a investigación continua aberta e non se descartan máis detencións, é este o asunto que comeza centrando a nosa atención. Como cada venres reflexionamos sobre os temas que nos deixa a semana e marcamos unha completa AXENDA cultural, de ocio e festiva para disfrutar da fin de semana. A RÚA RESPONDE sobre os hábitos de fumadores e non fumadores neste Día Mundial sen Tabaco. E rematamos a semana ENREDADOS con Javier Arnau que hoxe nos presenta a un community manager viaxeiro chamado FIDEL MARTÍN, e con Daniel Iglesias e Pablo Carrasco que nos volven adentrar no seu Cuaderno de Campo.