Pontevedra en la Onda (20-10-2014)
Comezamos a semana coas novidades en torno ao matadoiro municipal de Pontevedra e o pleno da corporación. No tempo da entrevista conversamos coa presidenta da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO), Mabel Avendaño. Con Rubén Rey coñecemos a actualidade do deporte local, e rematamos cantando en galego para seguir coñecendo artistas e grupos que compoñen, cantan e xiran en galego. Feliz inicio de semana!