Cada mes coñeceremos actividades que ao longo destes anos se ofreceron aos participantes en Pontenciencia. Hoxe centrámonos naquelas que vinculan o coñecemento científico e a loita contra a desinformación. É o caso de Xosé Rúas, profesor da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, que participa no proxecto Debatrue. Pontenciencia é un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".