A Illa de Tambo xa pode ser visitada a partir de este fin de fin de semana. O concello de Poio celebra, por fin, facilitar o acceso a este espacio natural. Este sábado 13 de agosto é data elexida para que cheguen as primeiras 200 persoas a descubrir un lugar cheo de riqueza histórica e medio ambiental. Falamos desta gran novidade con Silvia Díaz, concelleira de Turismo de Poio. A maiores, coñecemos detalles das festas do Mexillon e Berberecho en Vilanova así como a Festa do Polbo en Bueu. E, en Vilagarcia de Arousa, subimos a bordo do 'Nao Vitoria', replica do barco que deu a volta o mundo na misión capitaneada por Magallanes e Elcano.