Abrimos o programa coa actualidade do día e falando de saúde visual co oftalmólogo pontevedrés, Alvaro Villoria. Buscamos a previsión do tempo para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co concelleiro de Cultura do Concello de A Estrada, Juan Constenla, para coñecer o programa da Festa do Salmón. Ademais, tomamos a última antes de marchar: a lalinense Cristina Pichel é hoxe a nosa convidada.