Entre micros e libros

Inma López Silva: “A endogamia e as loitas de poder na Universidade propician a prostitución intelectual”

A nosa radio lectora volve a Cronopios para recibir a Inma López Silva e presentar a súa última novela, "Escola de Mulleres”. Falamos do mundo universitario, da perda, o corpo e a loucura, temas centrais da novela protagonizada por Gloria, unha muller que emprende un camiño de autodestrución para fuxir da dor e das convencións e poder cumprir o seu soño: montar unha libraría.

Redacción

Pontevedra | 16.05.2023 16:06

Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira desde a Librería Cronopios de Pontevedra.