Novos recursos

O concello de Pontecaldelas aposta polas casas indianas para promocionar o turismo

Novas iniciativas turísticas co obxectivo de converter destinos de interior da comarca de Pontevedra en lugares atractivos. Andrés Diaz, alcalde do municipio, asegura que non hai un concello con esta singular característica.

Redacción

Pontevedra | 23.06.2021 15:12

O concello de Pontecaldelas aposta por potenciar as casas indianas e pon en marcha un proxecto de creación dun roteiro que permita descubrir este patrimonio histórico. Aínda que, trátase dunha iniciativa que irá superando fases; de momento, foron xa sinalizadas cinco vivendas con especial protección.

A previsión é proseguir nos próximos meses incluíndo todos os inmobles deste tipo no municipio, tanto no centro urbano como nas parroquias. O proxecto está a ser comandado polo arqueólogo Alberte Reboreda.

Conversamos co alcalde de Pontecaldelas, Andrés Diaz, sobre as novidades na promoción turística e o programa de 'Caldelas Tapas'.

Cargando...