ENCUENTROS EN EL HOTEL RÍAS BAJAS

Caldas, capital do trail running internacional

O día 21 de abril celebrase no concello de Caldas a primeira edición da 'Trail Laxe dos Bolos’. Esta proba atopase no calendario oficial ITRA – Axenda internacional de carreiras de trail running-, ademáis, é puntuable para o ranking galego.

Redacción

Pontevedra |

Novo encontro no Hotel Rías Baixas cunha referencia do mundo do deporte de Pontevedra e Galicia. Nesta ocasión, conversamos con Manuel Fariña, concelleiro de deportes e tenente de alcalde de Caldas de Reis, un dos promotores da proba 'I Trail Laxe dos Bolos'.

A proba terá tres modalidades:

1º-‘Desafío Xiabre’, de 27 quilómetros de lonxitude e un desnivel de máis de 1.500 metros de ascenso.

2º-‘Trail Santa María’, que compartirá parte do percorrido coa anterior, pero cunha saída máis tardía. Ten 8km de lonxitude e uns 350 metros de desnivel, percorrendo os montes de Santa María e a zona de Segade.

3º- A última modalidade é a de ‘Andaina popular de Segade’, que terá o mesmo percorrido que a anterior, e na que poden apuntarse todas as persoas que o desexen.

(Escoita a entrevista íntegra con Manuel Fariña, concelleiro de deportes e tenente de alcalde de Caldas)