O director de Ence nos almorzos de Onda Cero Pontevedra

Antonio Casal: "O traslado nunca foi viable"

O director da fabrica de Ence en Pontevedra afirma que traslado nunca foi unha opción e que a decisión sempre estivo só entre dúas opcións: pechar ou continuar na ría, e que el sempre estivo convencido de que a prórroga sería concedida. O director de Ence insiste en que cumpren todos os requisitos para seguir en Lourizán e que a fronte anti Ence se sustenta en mentiras. Recoñeceu ademais que durante anos viviron de costas á cidade pero que agora o que queren é gañarse a aceptación da maoría social. Ademais, o director de Ence condiciona a instalación en Pontevedra dunha pranta de biomasa ao apoio institucional que de momento non teñen.

ondacero.es

| 03.02.2016 15:09