Municipal

Verin contará con unha nova gardeiría renunciando a fondos da Xunta

Consideran insuficinte a aportación que faría a administración autonómica

Paco Sarria

Ourense |

Verin contará con unha nova gardeiría renunciando a fondos da Xunta | onda cero ourense

O Concello de Verín construirá unha nova escola infantil municipal de 0 a 3 anos cun investimento previsto de 1.162.000 euros, un proxecto que contará cun financiamento externo estimado de ata o 97 % do total, polo que non suporá unha carga significativa para as arcas municipais.

A nova infraestrutura educativa situarase nunha parcela municipal na Avenida de Portugal número 120, no espazo das actuais piscinas descubertas, unha localización que permitirá desenvolver unha escola infantil moderna, deseñada especificamente para a atención á primeira infancia.

Neste contexto, o goberno municipal decidiu renunciar á subvención concedida pola Xunta de Galicia, ao considerar que o importe destinado á execución da obra resultaba claramente insuficiente para garantir a correcta construción dunha infraestrutura destas características.

Client Challenge

A axuda concedida ascendía a 700.000 euros, mais só 507.000 euros estaban destinados á execución da obra, mentres que o resto correspondía a gastos de funcionamento. Isto supuña que o importe realmente dispoñible para a construción da escola infantil non permitía asegurar a viabilidade real do proxecto nin a súa correcta execución.

Client Challenge