Ourense |
Os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense presentaron unha nova iniciativa parlamentaria na que insisten en demandar do Goberno e de Renfe que reconsideren e rectifiquen os novos horarios que califican como “irracionais” do AVE e que suprimen paradas na estación da Gudiña-Porta de Galicia.
Para o deputado Celso Delgado os novos horarios non teñen xustificación para reducir 10 minutos unha viaxe de 4 horas.
A medida tamén priva das paradas intermedias a usuarios de Vilagarcía, Sanabria, Medina del Campo e Segovia.