Ourense |
O Alcalde de Verin, Gerardo Seoane, sumouse ós rexidores socialistas que salientan o logro que implica a posta en marcha do Plan Único da Deputación para a cooperación cos concellos da provincia.
Para Seoane é unha novidade ben recibida que permite poñer en marcha proxectos que os concellos precisan e ó mesmo tempo sanear as facendas locais.
No caso do concello verinés son 40 mil euros adicionais para os conservatorios.
A deputada provincial socialista Marina Vaz declarou que “o PP rendeuse á evidencia de que non podía manter a distribución a dedo dos recursos en función da afinidade ideolóxica”.