Municipal

Os socialistas de Ourense sinalan a Jácome para dar solucións a Peliquín

Reunión na Agrupación Veciñal Miño

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas de Ourense sinalan a Jácome para dar solucións a Peliquín | onda cero ourense

O grupo municipal socialista respalda ós veciños de Peliquín en demanda dunha solución ás suas demandas sobre o paso a nivel e sinalan ó Alcalde, Pérez Jácome como a persoa que ten na sua man a solución.

A voceira socialista Natalia González salientou que dende a Subdelegación do Goberno traballaron man con man e en contacto permanente cos responsables de ADIF, e do Ministerio de Transportes, canalizando as demandas, trasladando a información requerida e conseguindo melloras respecto ó proxecto e ó trazado inicialmente previsto.

Engade que o goberno local de Democracia Ourensana e o Alcalde decidiron durante todo este tempo "non tomar partido e poñerse de perfil á hora de respaldar as demandas veciñais" polo que lamentan a "pasividade" da administración local ó respecto.

Os veciños de Peliquín insisten en demandar un paso soterrado, mentres que o ADIF propuxo unha solución que implica a construcción dun paso elevado que non convence ó vecindario.

Os socialistas participaron xunto a representantes do PP e o BNG nunha reunión cos representantes veciñais desenvolvida na Agrupación de Asociacións de Veciños Miño.