Municipal

Os socialistas ourensáns piden compromiso á Xunta para o plan funcional da praza de abastos

Piden compromiso económico para a distribución dos postos

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas ourensáns piden compromiso á Xunta para o plan funcional da praza de abastos | onda cero ourense

Os/as socialistas ourensáns pedirán no Parlamento de Galicia que a Xunta pacte un compromiso económico para a posta en marcha do Plan Funcional de Distribución dos postos da Praza de Abastos número 1.

Para a parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta, é necesario que se impulse o acordo entre o Concello de Ourense e a administración autonómica.

Á súa vez, a voceira socialista no Concello, Natalia González Benéitez ambas administracións deben comprometerse económicamente, polo que dende a oposición na administración local apoiarán calquera operación orzamentaria para que remate a rehabilitación e acondicionamento do edificio.