Sucesos

Rouban na sede dos socialistas ourensáns

Leváronse fundamentalmente material informático e bebidas

Paco Sarria

Ourense | 02.09.2024 11:32

Rouban na sede dos socialistas ourensáns | onda cero ourense

A sede do PSdeG-PSOE de Ourese foi víctima dun roubo na noite do domingo de onde levaron un ordenador e un altofalante, así como o televisor do hall e unha bebidas que había na neveira.

Nun posterior repaso tamén botaron en falla tapas de dispositivos wi-fi.

Dase a curiosidade de que o teclado foi atopado pola policía local en mans dun medigo que dixo telo atopado nun contedor de lixo.

Os socialistas foron advertidos o domingo pola noite de que as portas da sede aparecían abertas de par en par.

Dase a circunstancia de que a semana pasada os socialistas celebraron reunións con representantes veciñais para avaliar si hai ou non inseguridade e delincuencia nos barrios.